Inicio
O pub "Galo d´Ouro" (O Galo) atópase situado en pleno centro do casco histórico de Santiago de Compostela, a tan só 25 metros da Catedral. Rexentado dende 1975 por Jorge Hombre, "O Galo" ofrece aos seus clientes unha ampla selección das máis cotizadas e prestixiosas bebidas espirituosas do mercado.
Ao máis puro estilo dos tradicionais pubs ingleses, este local invita a gozar dunha boa copa ao ritmo dos grandes clásicos que xorden da Jukebox. Un lugar tranquilo para o disfrute das noites compostelás na mellor das compañas.



